Xénero
REALITY CONCURSO
Formato
10x50 MIN
Segmentación Audiencia
XERACIÓN X
Orzamento
12.000€
sinopse
O que vale moito custa pouco
Cada semana 2 organizadoras de eventos competirán para darlle a un afortanado/a a evento/bautizo/aniversario/estrea máis barato e máis espectacular en só unha semana! Cheo de creatividade, «A Vaquiña polo que vale» é o novo lifestyle talent-show que converte un día calquera no mellor día da túa vida!
Moitos de nós non sabemos como sacarlle o mellor rendemento aos nosos petos cando argallamos esa data especial. En A Vaquilla polo que vale veremos como conseguir os mellores prezos e como negociar para sacar o máximo proveito a todos os recursos cos que contamos. Durante os preparativos sentiremos o estrés dos días prevos ao evento. Pero tamén viviremos as sensacións do remate da festa! Falaremos de cartos e dos trucos que axuda a non desperdiciar os cartos que temos dispoñibles. Deberemos organizar todo o proceso de deseño, planificación e produción de festividades e cerimonias para lograr o máximo éxito posible nas nosas celebracións.
Como funciona
- Cada semana as nosas organizadoras coñecen á persoa/as e as características dos eventos que teñen que preparar
- Teñen que plantexarlle a idea do evento en 48hrs e senón o aceptan terán que realizar cambios
- Facemos un seguimento da planificación e o contrastamos coa achega presupuestaria. Ambas teñen que mellorar o presuposto inicial!
- Comenzan os preparativos, as chamadas , as cotizacións, negociacións, as listaxes de convidados… O ESTRÉS!
- Chegado o día D somos convidados a ve-lo evento dende unha perspectiva privilexiada con estatísticas da participación, aceptación, cartos aforrados para saber que evento resultou o treding topic e cal non vale a vaquiña…
Proposta multiplataforma
Tódalas semanas faremos promos do próximo programa coas presentacións en confesionario dos participantes mesturados cos momentos que non adoitan aparecer nos vídeos resumo…
Tamén aproveitaremos para compartir nas redes sociais os consellos, tips e trucos prácticos para fomentar un impacto real na sociedade cando os espectadores o leven a cabo nas súas festas.
Estilo
É un programa que fala da beleza polo que estéticamente será impecable con planos moi coidados e moita luz. Grabado a 3 cámaras cun estilo realista pero cinematográfico á vez. Unha realización elegante con tono épico.
Os grafismos terán un gran protagonismo xa que cada aposta, compra e negociación será avaliado minuciosamente.
Cásting
As nosas event planners deberán ser 2 mulleres de recoñecido prestixio, con moitísimo carisma e ben xeitosas. Ambas serán rivais entre elas, polo que a simple vista a diferencia de estilos e personalidades resultará moi clara.
Entre realizar as tarefas da casa, traballar, coidar aos nenos… Quen ten tempo para organizar ese evento tan importante? Os nosos/as afortunados/as será xente ocupada, coas ideas moi claras.
Tamén contaremos con achegados da familia, personaxes estrafalarios e relativos aos nosos protagonistas axudarán (ou máis ben o contrario) as nosas organizadoras, así como algún que outro secundario recurrente que sempre anda a salvarlle a vida a ás nosas competidoras.
Comercialización
Empresas de cátering, transportistas, profesionais do audiovisual, grupos de música… Todo o mundo quererá participar! pois… «Para a festa hai xente, o carallo é botar o sulfato«
Para o realmente importante contaremos cos máis importantes como Estrella Galicia e Mahou como patrocinadores principais do espazo.