Xénero
DATING DANCE
Formato
10x50 MIN
Segmentación Audiencia
TODOLOS PÚBLICOS
Orzamento
9.000€
sinopse
Basta xa de palabras!
Imos á pista de baile a coñece-lo amor nun Dating–Talent Show, dous tipos de entretemento ben diferenciados unidos por unha causa: a procura do amor. Cada semana 2 concursantes elixirán a súa parella ideal nunha pista chea de candidatos na súa cruzada polo romance bailando ao son de diferentes estilos. Sen falar, só seleccionarán pola maneira de bailar. Logo chegará a quenda de coñecerse e terán dous minutos para decidir se bailán xuntos ou seguen a facelo por separado.
O baile é tendencia e facer coreografías tamén. Redes como Tik Tok son unha boa mostra disto. Os dating shows tamén o son e nós queremos unir ambas cousas.
O xeito definitivo de rompe-lo xeo: o baile.
Su título va aquí
Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.
Como funciona
- Varios solteiros súbense á pista de baile para competir en diferentes estilos
- Cada semana un DJ ou unha orquestra serán os encargados de poñela música. Cada tema durará entre 30 e 45 segundos.
- Coñeceremos a historia dos solterios e do concursante antes que o propio solteiro, e saberemos se teñen compatibilidade ou non de antemán
- O/A concursante vai eliminando como se dunha proba de danza se tratase
- Ata quedar só dous! E con sendos terá unha cita de 2 minutos. Saltarán as chispas?
- Bailarán xuntos ou separados na Pista Final?
Proposta multiplataforma
Tódalas semanas subiranse contidos de video dos momentos máis hot, desternillantes e estrafalarios dos solteiros/as, acompañados dos comentarios ou expresións dos concursantes en plano americano.
Tamén aproveitaremos para facer promos do próximo programa coas presentacións en confesionario dos participantes para conseguir engagement por parte deles e do seu círculo de achegados, incrementando dese modo a audiencia Millenial
Estilo
Nestes tempos de redes sociais, a apariencia e os talentos agochados valen máis que nunca. Por iso os planos detalle serán cruciais neste programa, así como as gráficas coloridas e desenfadadas propias das redes sociais
Cásting
O cásting será variado pois o amor ademais de ser cego non entende de idades e diferencias sociais.
Personaxes axudarán a subir de ton as conversas, os máis atrevidos subirán temáticas novedosas á palestra, os/as tímidos inducirán tenrura no espectador,… e todos eles mesturados para dotar dun colorido contraste o programa.
Comercialización
Ao ser un programa orixinal poderá conseguir ventas noutras plataformas ou outras televisións.