Seleccionar página
Xénero

ENTREVISTA

Formato

13x30 MIN

Segmentación Audiencia

TÓDOLOS PÚBLICOS

Orzamento

6.000€

sinopse

As entrevistas nunca foron tan persoais

Se tiveras que escoller a quen te fixera a mellor entrevista da túa vida quen sería? Alguén que te coñeza moi ben? Pois ti mesmo! As preguntas que sempre soñaches que te fixeran feitas por ti.

Un programa intimista no que coñeceremos a faceta máis persoal e descoñecida dos entrevistados. Unha enorme oportunidade para darse a coñecer e mesmo autocoñocerse. Entrevistaremos a persoeiros do mundo do espectáculo galego que se entrevistarán a si mesmos grazas á tecnoloxía e aos FX especiais. Verémolos enfrontados cara a cara consigo mesmos. 

Un formato que deixa de lado as entrevistas tradicionais para dar paso a unha conversación honesta, tensa e relaxada ao mesmo tempo, na que ambos interlocutores terán que ser sinceros. A crave destas entrevistas será profundizar nunha mirada cara un como se dunha regresión se tratara para descubrirse sorpresivamente.

Su título va aquí

Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.

Como funciona
  • O entrevistado chega a estudio e saúdase así mesmo. Senta.
  • Comezan as preguntas. Ambos os dous están vestidos de diferente forma.
  • Repasan momentos da súa vida moi íntimos.
  • Dan un pequeno paseo por un exterior, nun parque, camiñando, nun coche, sempre ambos os dous dunha maneira que sorprenda e que lles represente.
  • Volven a estudio e fanse as preguntas máis persoais e delicadas.
  • Despídense.
Proposta multiplataforma

O programa xerará un making of de como se fixo… cos chascarros da entrevista e os problemas que poideran xurdir. Tamén unha versión corta con algúns dos momentos máis relevantes.

Estilo

Unha posta en escea coidada que incluirá unha iluminación cinematográfica para potenciar o ton de complicidade. 

As entrevistas están grabadas nun plató (para maior control da luz e dos movementos de cámara) ambientado nunha sala dun fogar que cambiará de estilo ad hoc segundo o convidado. Faise primeiro a parte do entrevistador. Logo se cambia a roupa e peiteado e se lle poñen as preguntas nunha gran pantalla para que se autoconteste. Volta a ser o entrevistador e terá a oportunidade de repreguntar e recontestar. A realización estilo clásico moi elegante, con fondo escuro e luz teatral. A maiores contará cun par de preguntas no exterior que para cada entrevistado será diferente e será ahí onde veremos os efectos máis espectaculares de dobres persoas falando entre eles. Como se tiveran un xemelgo, divertido e asombroso á vez. 

 

Cásting

Oliver Laxe, ,Iván Ferreiro, Ses, Sabela Arán, Luis Zahera, Marta Doviro, Lucía Regueira, Rodrigo Vazquez, Roberto Vilar, Lucía Rodriguez, Marta Pazos, Melania Cruz, Antonio Durán, Benedicta Sanchez, Tamar Novas, Touriñán…

Comercialización

Este programa ao ser orixinal e innovador podería ter comercialización exterior, dotando é TVG de prestixio internacional e como dinamizadora do audiovisual galego.

Divertido, con impacto e asombroso

un novo e orixinal acercamento ás entrevistas

unha ollada á realidade da persoa detrás da fama