Seleccionar página
Xénero

CORTINIÑAS

Formato

5x9 SEG

Segmentación Audiencia

TÓDOLOS PÚBLICOS

Orzamento

6.000€

sinopse

A tvg xúntanos unha vez máis

Este ano estamos a esperar a chegada dun verán moi especial, pois virá xusto despois dun confinamento. Nesta experiencia inédita estamos a vivir, por primeira vez na nosa historia recente como galegos, a dolorosa prohibición dos abrazos. Isto é algo moi importante porque estamos comezando a valoralos, xunto con tantas cosas que dabamos por feitas e que agora non temos. Non son os cartos, non é a nosa ambición profesional nin son as cousas materiais o que máis estamos a necesitar, senón que é bicar, ollar cara a cara, tocarnos e sentírmonos os uns aos outros. Algún día non lonxano de seguro que poderemos volver a facelo. É por iso que na TVG queremos homenaxear a chegada do verán e alzar a bandeira das cousas que realmente importan. A canle dos galegos, a canle da proximidade, a canle que mellor conta e reflicte o que somos celebrará a chegada do verán con abrazos.

Para facelo veremos a cinco tipos diferentes de persoas que se fundirán nun intenso e fermoso abrazo nas nosas pantallas. A mensaxe é clara; sairemos desta e farémolo xuntos. O abrazo de cada unha destas parellas tornarase, fundíndose en partículas de luz, nun símbolo ben recoñecible por todos nós, o G da Televisión de Galicia.

Su título va aquí

Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.

Como funciona
  • Os perfís dos protagonistas das nosas cortiniñas de verán serán os seguintes:

Unha avoa e un neto. Unha das relacións sen dúbida máis estrañadas estes días por motivo do COVID-19 para non poñer en risco aos nosos maiores. Este abrazo está a ser evitado en moitos casos e, aínda que polo de agora soamente poida ser posible nos televisores, a xente necesita velo de novo a até sentilo. 

Dous veciños que se miran de balcón a balcón e rompen a barreira para fundirse un abrazo intenso e sincero que botaban de menos. Por primeira vez, moitos que non se preocupaban pola veciñanza agora senten por ela e preocúpanse por ela. Iso debe estar presente nas miradas destes veciños que se abrazan.

Dúas amigas que se atopan nas rúas, xa basta de wassap, este é seu momento para abrazarse.

Dous compadres xa de certa idade expertos na vida e tamén expertos en superar adversidades. Quizais non foran tan expertos en abrazos pero agora, con certa sensación de timidez, non quererán deixar de darse un ben grande.

Una parella de namorados abrázanse de xeito emocionado como se levaran moito tempo sen verse.

Estilo + fx

Haberá sensación de verán nas roupas, nos ambientes, na enerxía e nos rostros.

A transformación das partículas de luz que compoñen os propio abrazo será o efecto creado para facer ver a enerxía desprendida polos propios abrazos. Esas partículas voarán polo aire formando un remuíño que acabará conformando o G da TVG. Este efecto debe debe ser sorprendente, fermoso e inspirador.

Seguimos confiando no noso partnership con Maxina Estudio para a realización dos efectos especiais.

Cásting + localizacións

Os protagonistas son as persoas e non tanto os lugares. Procuraremos xente cercana entre si, familiares ou cohabitantes dunha mesma vivenda. 

Os perfís serán variados, diferentes idades e moi fotoxénicos.

As localizacións serán espazos naturais recoñocibles como galegos e comúns pero non xeolocalizables: un parque, unha rúa, unha praia, un camiño, unha ponte…

 

efectos especiais novedosos

emocional e sinxelo

unha aperta histórica