Xénero
REALITY CONCURSO
Formato
10x50 MIN
Segmentación Audiencia
XERACIÓN X
Orzamento
12.000€
sinopse
Teu fogar pasa a proba do algodón?
Cremos que sabemos limpar pero que va! cando chegue o momento de ver aos profesionais quedaremos abraiados. Ademais, agocahada na observación deses procesos hai unha enorme aprendizaxe de cousas esenciais para mellorar o noso día a día. O algodón non engana é un reality no que un equipo formado por un home organizer (organizador de fogares), un equipo experto de limpeza e un interiorista tratan de revertir unha situación de desorde, falta de hixiene ou incluso decadencia en fogares de Galicia. Tampouco escaparán aquelas casas que cren que o teñen todo perfecto!
No proceso aprenderemos os trucos dos nosos maiores para abaratar e deixalo todo ben limpo pero tamén coñeceremos os últimos avances e tendencias, non so no eido da limpeza, senón tamén no tocante a como ordear e dispor os espazos que utilizamos e ocupamos para facer a nosa vida.
Ao final pasaremos o algodón para comparar o resultado e comprobar que non todo estaba tan limpo como pensabamos…
Su título va aquí
Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.
Como funciona
- Cada semana a nosa equipa de profesionais coñecen á persoa/as e as características das vivendas que teñen que mellorar
- Nada máis poñer un pé na casa pasan a proba do algodón e revisano absolutamente todo! Non quedará un caixón sen revisar e unha vergoña por descubrir…
- Comezan a limpeza, organización e o cambio na decoración da casa. Entrementres coñeceremos os entresixos da situación familiar e faremos simil entre a organización da casa e o estado de ánimo dos seus habitantes. Mens sá en casa sá!
- A casa quedou reluciente e pasa a proba do algodón sen problema e algo tamén mudou na mente e nos corazóns dos nosos protagonistas…
Proposta multiplataforma
Tódalas semanas faremos promos do próximo programa coas presentacións en confesionario dos participantes e planos da desorde algo esaxerados e pode que algunha pequena bágoa.
Tamén aproveitaremos para compartir nas redes sociais os consellos, tips e trucos prácticos para fomentar un impacto real na sociedade.
Estilo
Seguindo a senda do QueCasas! e do programa Escapárate faremos unha mestura coa que retrataremos dunha maneira positiva e alegre un cambio radical da casa e dos seus habitantes.
Un despliegue de recursos audiovisuais que deixará abraiado ao espectador. Nunca limpar foi tan divertido!
Cásting
As personaxes máis cautivadores son aquelas que enganchan á audiencia.
Familias diversas estarán encantadas de que un grupo de profesionais lles arranxe a casa e as súas vidas, a cambio de mostrar as súas intimidades.
Comercialización
Atopámonos nunha época na que a hixiene está máis en boga que nunca. Unha situación que para moitos resulta perigosa e dramática, para outros sectores é vista como unha oportunidade de negocio e procurarán adiantarse na carreira.