Seleccionar página

Que mellor guía que un chef?

Xénero

FACTUAL

Formato

10x50 MIN

Segmentación Audiencia

TODOLOS PÚBLICOS

Orzamento

6.700€

sinopse

Temo-la guía gastronómica definitiva

Onde van s chefs comer cando non están traballando. Neste programa visitaremos eses lugares atendendo ás sás recomendacións e acompañándoos nesas horas de ocio e lecer. Da súa man  apreciaremos, sen prexuizos, cousas que quizáis estabamos a pasar por alto. De seguro que na casa do ferreiro atoparemos a culler de pao, así que pode que nos sorprendamos moito. A gastronomía galega terá o seu retrato máis xenuíno nesta viaxe soprendente na que descubriremos os mellores lugares para xantar en Galicia.

Os chefs son ademais xente moi algareira. Se o xantar leva ao viño e o viño chama á noite, acabaremos con eles de festa e veremos como se relacionan eles diante e non dos fogóns.

invisible
Como funciona
  • Imos na procura do noso chef, para coñecer a súa visión, a súa bagaxe e personalidade
  • Encamiñámonos cara o primeiro local entrementres falamos da súa verdade
  • En cada local deleitarémonos nos manxares, na grande maioría a materia prima manda
  • Falaremos coa equipa, demais comensais, en dilatadas e reais conversas
Estilo

Aos chefs como a nós encantalles coñece-lo cociñeiro, que lles chamen polo nome e lles fagan con agarimo esos pratos que parecen cociñados exclusivamente para eles. Estar cómodos, en definitiva.

Nesa comodidade na que se atoparán os chefs se realizarán as entrevistas, íntimas, cercanas, cheas de convidados e pratos apetitosos.

Cásting

Personaxes estrafalarios axudarán a subir de ton as conversas, os máis atrevidos subirán temáticas novedosas á palestra, os/as tímidos inducirán tenrura no espectador,… e todos eles mesturados para dotar dun colorido contraste o programa.

Proposta multiplataforma

Resulta paradóxico pero é xustamente nesta época na que temos acceso a tanta información cando máis necesitamos a axuda dun experto que nos poda guiar ante a infinidade de opinións ás que nos vemos enfrontados cada vez que lle preguntamos a google algo tan sinxelo como onde será que se come ben aquí.

Hai unha frase da Guía Michelín que define aos restaurantes galardonados coas tres Estrelas: «Merece a viaxe». A nosa guía tamén o merece!, e por iso queremos que quede plasmada en dixital para que todo o mundo poda usala  nas redes sociais e quen sabe? Nun libro tamén! 

Comercialización

Facemos pais? Estrella Galicia, Viños de D.O., Tenreira Galega… 

íntimo, persoal e hitórico

Quen quere aprender a cociñar, aprendamos a gozar!

Agora si, devoremos Galicia cunha nota de gamberrismo