Xénero
REALITY REFORMAS
Formato
10x30 MIN
Segmentación Audiencia
Millenials | Xeración X | Baby Boomers
Orzamento
9.000€
Un programa de reformas sen precedentes
Quen aceptará o reto #PonteEnREforma?
Un No-Talent Show onde cohabitan o contido didáctico de tendencia “Do It Yourself” e o sensacionalismo dun reality-concurso. Sen experiencia previa e antes do límite de tempo 1 concursante e o seu cómprice realizan ( ou intentan ) a compreta transformación dunha estancia baixo a mirada dun xuiz ubicuo a quen nada se lle escapa.
O acercamento á tendencia DIY máis televisivo e necesario, onde aprenderemos a realizar pequenas reformas nós mesmos, ou mellor dito, a non facelo na casa. O deseñador, tras mandar o deseño dará 2 días para ter todo o necesario e comezar a reforma. Dende un salón con TV verá a evolución dos concursantes. Son eles os que terán que poñer enxeño e traballo en equipa para levar a cabo a completa transformación antes de que o soño se converta nun pesadelo.
Como funciona
- Petición de axuda/voluntariado
- Deseñador envía diseño da estancia
- Teñen que conseguilo todo… Nun día!
- O concursante escolle un cómprice do seu círculo cercano
- Póñense á tarefa e toma de decisións
- Imprevistos e problemas, entrementres o deseñador o ve nunha sala con TV e comenta botando as mans na cabeza de cando en vez.
- A reforma comeza a tomar forma pero o tempo apremia
- Antes de rematar sácanlle a TV o deseñador que vai ata ala
- Destapan o antes e despois
- O deseñador fala cos concursantes orgulloso deles por conseguir rematar a tempo
Proposta multiplataforma
Un 72% das persoas que decoran as súas vivendas realizan tareas de bricolaxe DIY, e todos eles miran videos How To para facelo! Por iso, ademais de compartir ese tipo de contidos nas redes sociais fomentaremos a realización por parte dos espectadores de pequenas pezas DIY baixo o hashtag @PonteEnReforma como un reto para os nosos seguidores.
Estilo
Cor, cor, cor! A paleta máis ampla e vibrante de cor como endexamais se viu na TV para un antes/despois épico.
Dinámico, veloz e atrevido nos planos dos nosos valentes reformistas dotando ao programa da desenfadada actualidade que vemos nos videos propios das redes sociais.
Cásting
Ao espectador gústalle recoñecerse na persoa: unha nai ou pai solteiro, unha parella con xemelgos… Interésase por como solucionan os seus propios problemas e por iso o cásting será variado nas situacións familiares de hoxe en día cada vez máis preto dun Modern Family á galega.
Para aportar dinamismo e cor ao programa, o presentador ha de achegarse cara un Chicote máis humorístico e familiar.
Comercialización
Un programa perfecto para conseguir sponsors e product placement. Quen se apuntará a patrocina-lo espazo primeiro? Nós apostariamos por BricoMart!