Seleccionar página

Imos atopar a mellor casa de galicia!

Nestes tempos aprendimos que non hai nada máis importante que a túa casa...

Xénero

REALITY CONCURSO

Formato

10×50 MIN

Segmentación Audiencia

XERACIÓN X | BABY BOOMERS

Orzamento

12.000€

comeza a batalla

Que Casas!: Á Batalla é un spin-off de Que Casas! no que os propietarios máis carismáticos se enfrontarán entre eles, de catro en catro, para descubrir cal das súas vivendas é a mellor de todas. Os anfitrións bateranse en duelo por conseguir ter a honra de vivir na mellor casa. Un interiorista e unha arquitecta darán o voto máis obxetivo.

ESTILO

“QC!AB” é unha loita así que toda a ambientación deste concurso ten que inspirar certa competividade. Através das gráficas, músicas e certos momentos ficcionados trataremos de conseguir un programa trepidante, visualmente atractivo.

Incorporando artiluxos técnicos que sorprendan con puntos de vista aéreos, cámaras deslizantes, planos imposibles pero sempre ao servizo da historia, da casa e da batalla. 4 cámaras, 1 drone, Gymbal, Grúas…  Seguiremos amosando o mellor diseño de Galicia cunha realización elegante con ton épico.

PROPOSTA MULTIPLATAFORMA

Resumos do programa de 5 minutos con lóxica narrativa – temporal para TV por internet.

Pezas curtas de temática interiorista para cebar de contidos a rede social máis usada na segmentación de audiencia do programa: Facebook.

CÁSTING

Despois de 8 tempadas do QC!, contamos cun amplo abanico de personaxes altamente televisivas, con moita contraste e que contan con vivendas espectaculares.

COMERCIALIZACIÓN

Xa hai estudos de interiorismo e arquitectura que se especializan en aproximarse aos contidos xa televisados ate a data que procuran este tipo de publicidade, como RVDV arquitectos.

Ademais de grandes empresas relacionadas coa construcción e o mobiliario que temos axendados.

O QUECASAS! DE SEMPRE MÁIS ESPECTACULAR QUE NUNCA