Seleccionar página
Xénero

DOCUFICCIÓN

Formato

10x50 MIN

Segmentación Audiencia

Millenials | Xeración X 

Orzamento

30.000€

sinopse

Un novo formato para un novo mundo

Adéntrate na vida dun grupo de xóvenes que abandona a cidade para comezar unha nova forma de vida nos bosques de Galicia. Sen casa, sen ferramentas, sen electricidade. Un programa que te ensinará a crear as túas propias ferramentas dende a nada; a construir unha casa dende cero; a cazar e poñer trampas, a recolectar e a cociñar deliciosas receitas.

Un docu-ficción novedoso que se centra na beleza da vida primitiva e unha volta de tuerca aos programas how to. Crearemos o formato que ven a satisface-la preocupación #1 no mundo: Como vivir de forma sostible?

Este programa é un desenvolvemento conxunto entre as produtoras galegas CTV Media e Tamboura Films. Unindo forzas e co apoio da Televisión de Galicia podemos chegar moi lonxe con este novo formato que terá un percorrido global.

Su título va aquí

Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.

Como funciona
  • Os 5 protagonistas chegan a un area  ateigada de recursos naturais.
  • Comezan coas construccións e procura dos básicos en supervivencia.
  • En cada programa vemos como mellora a aldea e os seus arredores.
  • A realización das construccións estarán reducidas no tempo para aportar dinamismo.
  • Ao rematar o espectador terá a sensación de que é traballo duro pero posible.
Proposta multiplataforma

Actualmente existe en youtube un xénero cunhas características moi concretas que acumula un gran número de visualizacións, máis de 3.300 millones de vídeos vistos e un abrumador número de seguidores: 23 millóns adicados á construcción de ferrantas e chozas primitivas. Por ende o único que temos que facer e separar esas accións e subilas ao Youtube e a Facebook para ter seguidores e un alto nivel de engagement.

Estilo

A calma, a pausa e a relaxación a través de técnicas ASMR (resposta sensorial meridiana autónoma) crearán un mundo novo, diferente ao resto de programas de TV. Cada episodio procurará amosa-la beleza da forma de vida máis natural, das texturas, das cores, dos animais e das formas naturais que se atopan nos bosques.

Os grafismos que acompañarán ás accións  e ás personaxes asemellarán ás novas aplicacións móvil sensoriais en auxe.

Cásting

Os protagonistas son expertos nas materias necesarias para vivir nos bosques: supervivencia, construcción, caza, pesca, cociña e artesanía e nos amosan como desenvolven cada tarefa sen erros.

Xóvenes, habilidosos e con unha marcada estética moderna e hipster que nos axudará na estética de fashion film.

Comercialización

A mestura internacional das productoras involucradas impúlsanos na procura de empresas europeas nas áreas de moda, deportes extremas…  e a UNESCO coa axenda 2020.

hai unha demanda masiva, pero todavía non existe… na TV!

Un formato que te cambiará a vida

O cambio climático segue sendo o problema #1 para os habitantes do mundo