Xénero
EXPERIMENTO SOCIAL
Formato
13x30 MIN
Segmentación Audiencia
TÓDOLOS PÚBLICOS
Orzamento
6.000€
sinopse
unha choiva de estrelas fugaces
Como se sentirá un sendo Rafa Nadal? que tal levariamos ser o alcalde dunha pequena vila ou dunha gran cidade? e estar no pelexo dunha artista famosa? Que tal sería de ser un DJ solicitadísimo? Un día como é o programa que nos da a oportunidade de facer algo que moi pouca xente fai e levalo un grado más aló. Trátase de poñerse no lugar do outro, de vivir un día coma na pel doutra persoa?
O mecanismo é o seguinte: a xente anótase e di quen é o seu ídolo, ao que quere coñecer e parecerse. O programa vísteo, maquíllao e peitéao para que se asemelle en estilo o máis posible a esa persoa. Farán a axenda dun día exactamente como se expón a un celebrity, deportista, politico ou profesión pouco habitual. Ao final do día valorarán como se sente estar na pel do persoeiro. Quizais non gocen levantándose ás 06 am, adestrando máis de 8 horas ao día, tendo que decidir cousas importantes a fume de carozo, ou que che persigan paparazzis?.
Su título va aquí
Your content goes here. Edit or remove this text inline or in the module Content settings. You can also style every aspect of this content in the module Design settings and even apply custom CSS to this text in the module Advanced settings.
Como funciona
-
Unha persoa anónima amosa a súa curiosidade, positia ou negativa, sobre un persoeiro do mundo do deporte, a cultura ou a política e o porqué.
-
O programa logrará facer unha xornada que sexa unha recreación o máis fiel posible do día a día do persoeiro. O comezo debe ser abraiante, envexable, un soño.
-
Estaremos en situacións sociais exclusivas, en entregas de premios, sendo fotografiados para as portadas, comendo en lugares incribles ou subindo a un avión rpivado. Pero nas súas vidas haberá cousas boas e outras que non o son tanto. Pagará realmente a pena vivir como esas persoas que admiramos? pode que tras pasar un día con elas desexemos volver ao noso anonimato.
Proposta multiplataforma
O programa xerará un making of de como se fixo mesturado coas complexidades da vida das estrelas para que os espectadores coñezan que hai moito traballo detrás e que non todo é un camiño de rosas.
Estilo
Gravado coma se fose un programa de moda ou de seguimento (exemplo As Kadarshian). Glamour, efectos en edición, cámaras lentas, o convidado sentirá e verase coma se fose unha verdadeira estrela.
Cásting
Se elixirán personaxes cautivadores que enganchen a audiencia. Con gran sentido do humor e que poidan sentir os espectadores unha boa conexión con eles.
Comercialización
Este programa pode ter boa acollida con productos de life style, moda e benestar.